Rematadas as mostras teatrais 23/24
A pasada fin de semana puxemos punto e final ás representacións das obras deste curso 23/24. En total o Estudio Casahamlet levou a escena 4 montaxes teatrais.
O grupo de Adultos fixo diversas representacións da peza "Xente de pálida pel", inspirada en textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Manuel Lourenzo, William Shakespeare ou Federico García Lorca, entre outros.
O grupo de Adolescentes levou a escena, na propia escola e no IES Rosalía Mera, a montaxe "Pim, pam, clown: A guerra dos pallasos".
Por outro lado, os grupos de Nenos e Nenas dos Xoves e Sábados representaron, respectivamente, as obras: "Pilleite, Carrapuchiña!" e "A historia xamais contada de Brancaneves e o Rei Artur".
Foron meses de moito traballo e moita ilusión que se viron recompensados coa gran acollida por parte do público.
O próximo curso máis e mellor! (se é posible, claro)
0 comments