• Inicio
  • Sobre nós
    • Historia
    • Manuais
    • Revista
  • Cursos de Teatro 24/25
  • Cursos de Verán 2025
  • Cursos de Dobraxe
  • Galería
  • Contacto
instagram facebook

Estudio Teatral CasaHamlet

Estudio Teatral dende 1998

Próximamente publicaremos os distintos cursos para os meses de Xullo e Agosto de 2025.

Estade alerta! 
Share
Tweet
Pin
Share
No comments




Este Xoves 30 de Xaneiro ás 20h en Portas Ártabras, poderedes acompañarnos na presentación da obra "Baixo o bosque de leite", un clásico que explora os misterios, soños e voces dun pequeno pobo galés baixo a mirada de Dylan Thomas.

Nesta ocasión tan especial, presentaremos a tradución ao galego da obra e contaremos coa presenza de Xerardo Couto, artífice desta magnífica tradución, quen compartirá a súa experiencia e visión sobre este proxecto.

Ademais, gozaremos dunha lectura dramatizada dun fragmento da obra. As voces que darán vida a estes inesquecibles personaxes son: Xerardo Couto, Santiago Fernández, Luis Iglesia, Daniel Otero, David Vilares, Ana Sánchez, Diana López e Marta López.

LUGAR: Portas Ártabras (Rúa da Sinagoga, 22, baixo, 15001, A Coruña)
DATA: 30 de Xaneiro
HORA: 20:00h
Share
Tweet
Pin
Share
No comments

 

Neste mes de Outubro entregáronse os Premios da Cultura Galega 2024 e o noso queridísimo Manuel Lourenzo foi galardoado co premio ás Letras.

Foron tamén galardoados: Xosé María Pérez Barro (Artes Visuais), Marta Pazos (Artes Escénicas), Joaquín Martínez (Música), Ficción Produccións (Audiovisual), Julia Díaz (Lingua), Xosé Manuel González (Patrimonio Cultural) e o Celta de Vigo (Proxección Exterior).

Parabéns a todos!
Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Prazas limitadas

A duración dos cursos é de Outubro a Xuño. Ofertamos tres modalidades: Nenos e Nenas, Adolescentes e Adultos. 

  • Teatro para Nenos e Nenas

A clave é... XOGAR! É por iso que a través do xogo potenciaremos a nosa Creatividade, fomentaremos a Expresión Corporal e a participación Creativa co grupo, fortaleceremos a Relaxación e a Concentración, traballaremos a Calma e a Escoita en escena, a Improvisación e a Interpretación. 
    Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral.
   Ofertamos dous grupos: 
       
        Grupo A: Xoves de 18:00h a 20:00h     
       Grupo B: Sábados de 10h a 12h             
        Idades: de 7 a 12 anos
        Cuota: 60€/mes
        Docente: Daniel Otero
          Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

  • Teatro para Adolescentes

Este curso está dirixido a todos os rapaces e rapazas que estean interesados en indagar nas ferramentas fundamentais do camiño do actor. A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles.  
    Traballaremos: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación. 
    Non é necesario ter experiencia previa. Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral. 

        Horario: Sábados de 12h a 14h       
        Idades: de 13 a 17 anos
        Cuota: 60€/mes
        Docente: Daniel Otero
          Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

  • Teatro para Adultos

Neste curso traballaremos a Expresión Oral, Ortofonía, Dicción, Verso, Ritmo, Expresión Corporal e Interpretación. Ao finalizar o curso organizaranse as Aulas Abertas nas que se mostrará ao público os traballos realizados durante o ano, ademais de diversas representacións fóra do Estudio. 

        Horario: Luns e Martes de 19h a 21h 
        Docente: Santiago Fernández
        Información e reservas: 627 48 98 79 | manueldosil@gmail.com 









Share
Tweet
Pin
Share
No comments
Older Posts

CasaHamlet


O Estudio Teatral CasaHamlet foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, converténdose rapidamente nun referente para a formación continuada de actores e actrices.


Séguenos

  • instagram
  • facebook

Novidades

Arquivo

  • marzo 2025 (1)
  • xaneiro 2025 (1)
  • outubro 2024 (2)
  • agosto 2024 (1)
  • xuño 2024 (2)
  • agosto 2023 (3)
  • maio 2023 (3)
  • abril 2023 (1)
  • febreiro 2023 (2)
  • xaneiro 2023 (6)

Created with by ThemeXpose | Distributed by Blogger Templates