Cursos de Teatro 2023-2024
- Teatro para Nenxs
A través do xogo potenciaremos a nosa creatividade, fomentaremos a expresión corporal e a participación creativa co grupo, fortaleceremos a relaxación e a concentración, traballaremos a improvisación e a interpretación. Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral.
Grupo A: Xoves de 18:00h a 20:00h
Grupo B: Sábados de 10h a 12h
Idades: de 7 a 12 anos
Cuota: 60€/mes
Docente: Daniel Otero
Máis info.: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com
- Teatro para Adolescentes
Este curso está dirixido a todos os rapaces e rapazas que estean interesados en indagar nas ferramentas fundamentais do camiño do actor. A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles. Traballaremos: sensibilización corporal, atención e imaxinación; técnica vocal; improvisación e interpretación. Non é necesario ter experiencia previa. Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral.
Horario: Sábados de 12h a 14h
Idades: de 13 a 17 anos
Cuota: 60€/mes
Docente: Daniel Otero
Máis info.: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com
- Teatro para Adultos
Neste curso traballaremos a Expresión Oral, Ortofonía, Dicción, Verso, Ritmo, Expresión Corporal e Interpretación. Ao finalizar o curso organizaranse as Aulas Abertas nas que se mostrará ao público os traballos realizados durante o ano, ademais de diversas representacións fóra do Estudio.
Horario: Luns e Martes de 19h a 21h
Docente: Santiago Fernández
Máis info.: 627 48 98 79 | manueldosil@gmail.com
0 comments