O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrearon no Salón Teatro de Santiago a produción "A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño", unha peza que cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e Pepe Struch.
A fundación Galicia Cultura edita a obra completa de Manuel Lourenzo, a cal comprende unhas 300 pezas teatrais reunidas en 7 volumes.
Ligazón á noticia
O Estudio Teatral CasaHamlet ten publicados unha serie de manuais de teatro centrados en aspectos didácticos como: historia, sensibilización corporal, voz ou dobraxe, entre outros. Esta labor foi posible grazas ao patrocinio da Diputación Provincial da Coruña.
- Pensar co corpo (2000), de Manuel Lourenzo.
- A voz do actor (2001), de Santiago Fernández.
- O ideario teatral das Irmandades da Fala (2002), de Cilha Lourenço e Carlos Biscainho.
- Memoria da Esfinxe (2002), de Xesús Pisón.
- Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor (2004), de Carlos Biscaínho.
- Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006), de Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Mayor.
- Na outra banda da ponte. Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire (2006), de Francisco Pillado Mayor.
- Contos Troianos (2007), de Gloria Rico, Isaac Ferreira e Manuel Lourenzo.
- Xosé María Álvarez Blázquez: Claro mencer do tempo (2008), de María Pilar García Negro.
- Arredor da dobraxe: algunhas cuestións básicas (2009), de Xerardo Couto.
- Teatro Circo. Tres textos (2010), de Cilha Lourenço.
- Ferramentas para o diálogo teatral (2011), de Carlos Álvarez-Ossorio.
CasaHamlet, grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, ten publicadas unha serie de revistas de teatro de carácter monográfico con abundante material teórico, dramatúrxico e documental. Un material que se caracteriza por ter unha temática ampla, variedade e rigor das colaboracións, e atención ao teatro galego e universal do momento. En palabras dos seus promotores:
Era preciso, ademais, disertar sobre as cuestións [...] relativas á situación do teatro, ao seu discurso, tanto social como estético, ao seu obxectivo e funcionalidades. Abrir un foro de opinión, de participación, que teña en conta o tempo e o país que compartimos, e que se abra ás máis diversas experiencias oriundas doutros ámbitos humanos e culturais. Dar conta da experiencia propia, pois, e dialogar con outras formas e linguaxes. Unha revista de teatro podía ser o cauce dese río. (CASAHAMLET, 1999, p. 3)
Listado de exemplares:
- 1999. Nº 1: "Especial Hamlet".
- 2000. Nº 2: "Teatro Galego na Coruña".
- 2001. Nº 3: "María Casares".
- 2002. Nº 4: "Dramaturgos".
- 2003. Nº 5: "As paisaxes do drama".
- 2004. Nº 6: "Monólogos".
- 2005. Nº 7: "A cidade".
- 2006. Nº 8: "Teatro Histórico".
- 2007. Nº 9: "Amor".
- 2008. Nº 10: "Teatro fantástico".
- 2009. Nº 11: "O teatro de Xesús Pisón".
- 2010. Nº 12: "Personaxes"
- 2011. Nº 13: "Cunqueiro".
- 2012. Nº 14: "Teatro e audiovisual".
Director da revista: Francisco Pillado Mayor (1999-2007), Isaac Ferreira (2008- 2012)
Consello de redacción: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira (2003-2007), Xesús Pisón.
Deseño: Miguelanxo Varela
Consello de redacción: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira (2003-2007), Xesús Pisón.
Deseño: Miguelanxo Varela
Para contactar connosco:
Santiago Fernández (Grupo de Adultos e Dobraxe)
📱 627 48 98 79
📧 manueldosil@gmail.com
📧 manueldosil@gmail.com
Daniel Otero (Grupo de Nenos e Adolescentes)
📱 661 06 29 84
📧 danielcasahamlet@gmail.com
📧 danielcasahamlet@gmail.com
Enderezo da escola:
r/ Alfonso VII, 11 - baixo
15005 A Coruña
(zona Mercado de Santa Lucía)
O Estudio de Teatro CasaHamlet foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, converténdose rapidamente nun referente para a formación continuada de actores e actrices.