• Inicio
  • Sobre nós
    • Historia
    • Manuais
    • Revista
  • Cursos de Teatro 24/25
  • Cursos de Verán 2025
  • Cursos de Dobraxe
  • Galería
  • Contacto
instagram facebook

Estudio Teatral CasaHamlet

Estudio Teatral dende 1998

Prazas limitadas

A duración dos cursos é de Outubro a Xuño. Ofertamos tres modalidades: Nenos e Nenas, Adolescentes e Adultos. 

  • Teatro para Nenos e Nenas

A clave é... XOGAR! É por iso que a través do xogo potenciaremos a nosa Creatividade, fomentaremos a Expresión Corporal e a participación Creativa co grupo, fortaleceremos a Relaxación e a Concentración, traballaremos a Calma e a Escoita en escena, a Improvisación e a Interpretación. 
    Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral.
   Ofertamos dous grupos: 
       
        Grupo A: Xoves de 18:00h a 20:00h     
       Grupo B: Sábados de 10h a 12h             
        Idades: de 7 a 12 anos
        Cuota: 60€/mes
        Docente: Daniel Otero
          Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

  • Teatro para Adolescentes

Este curso está dirixido a todos os rapaces e rapazas que estean interesados en indagar nas ferramentas fundamentais do camiño do actor. A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles.  
    Traballaremos: Sensibilización Corporal, Técnica Vocal, Atención e Escoita en escena, Imaxinación, Improvisación e Interpretación. 
    Non é necesario ter experiencia previa. Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral. 

        Horario: Sábados de 12h a 14h       
        Idades: de 13 a 17 anos
        Cuota: 60€/mes
        Docente: Daniel Otero
          Información e reservas: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

  • Teatro para Adultos

Neste curso traballaremos a Expresión Oral, Ortofonía, Dicción, Verso, Ritmo, Expresión Corporal e Interpretación. Ao finalizar o curso organizaranse as Aulas Abertas nas que se mostrará ao público os traballos realizados durante o ano, ademais de diversas representacións fóra do Estudio. 

        Horario: Luns e Martes de 19h a 21h 
        Docente: Santiago Fernández
        Información e reservas: 627 48 98 79 | manueldosil@gmail.com 









Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Gustaríache coñecer como son as clases en Casahamlet? Pois se tes entre 7 e 12 anos, o Xoves día 3 de Outubro de 18h a 20h poderás asistir, sen compromiso, a unha clase de proba para coñecer de primeira man a metodoloxía empregada na escola. 

As prazas son limitadas así que é imprescindible apuntarse previamente enviando un email a danielcasahamlet@gmail.com ou no teléfono 661062984.

Agardámosvos!




Share
Tweet
Pin
Share
No comments

A pasada fin de semana puxemos punto e final ás representacións das obras deste curso 23/24. En total o Estudio Casahamlet levou a escena 4 montaxes teatrais.

O grupo de Adultos fixo diversas representacións da peza "Xente de pálida pel", inspirada en textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Manuel Lourenzo, William Shakespeare ou Federico García Lorca, entre outros. 

O grupo de Adolescentes levou a escena, na propia escola e no IES Rosalía Mera, a montaxe "Pim, pam, clown: A guerra dos pallasos".

Por outro lado, os grupos de Nenos e Nenas dos Xoves e Sábados representaron, respectivamente, as obras: "Pilleite, Carrapuchiña!" e "A historia xamais contada de Brancaneves e o Rei Artur".

Foron meses de moito traballo e moita ilusión que se viron recompensados coa gran acollida por parte do público.

O próximo curso máis e mellor! (se é posible, claro)



Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Xa está aberto o prazo de inscrición para os diversos Cursos de Teatro 23/24. 

Este curso ofertamos 2 opcións para o Grupo de Nenxs (7 - 12 anos): 

  •     Grupo A: Xoves de 18h a 20h. 
  •     Grupo B: Sábados de 10h a 12h. 

O Grupo de Adolescentes (13 - 17 anos) será os Sábados de 12h a 14h.

O Grupo de Adultos será os Luns e os Martes de 19h a 21h. 

A información completa está dispoñible no apartado "Curso Regular" (Teatro ).

CLASES ABERTAS:  Consultar

NON QUEDES SEN PRAZA!

Share
Tweet
Pin
Share
No comments



CasaHamlet presenta `Macedonias: unha teatral guerra´. O espectáculo está representado polo Grupo de Adultos da escola e dirixido por Santiago Fernández. 

Elenco: Rafael Enríquez, Diana López, Marcos F. Eimil, Marta López, José M. Rabuñal, Concha Pardo, Pedro Leiras, Marina Gómez, Laura López, Ana Sánchez, Anxo Saavedra, Beatriz Pardo, Marcos Romero, Ana Zapata, Fernando Castro, Elena Bao, Rosa Mª Reinoso, Elisa Lema e Chus Fernández. 

Calendario de actuacións: 

MAIO

  • 16 - Estudio Teatral CasaHamlet: 17:30h
  • 25 - Betanzos (Liceo): 20h 
  • 27 - Corcubión (Casa da Cultura): 20h
  • 30 - A Coruña (Circo de Artesáns): 20h
XUÑO
  • 2 - Miño (Casa da Cultura): 20h
  • 8 - Pontedeume (Casa da Cultura): 20h 

Share
Tweet
Pin
Share
No comments

O Estudio Teatral CasaHamlet está de aniversario: 25 anos. E que mellor maneira de celebralo que invitándovos a que asistades a unha das nosas aulas de Teatro ou Dobraxe. Se estades interesadxs, podedes enviar un correo a manueldosil@gmail.com ou chamar ao 627489879. Agardámosvos!


Share
Tweet
Pin
Share
No comments

O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrearon no Salón Teatro de Santiago a produción "A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño", unha peza que cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e Pepe Struch. 



Ligazón á noticia


Share
Tweet
Pin
Share
No comments

A fundación Galicia Cultura edita a obra completa de Manuel Lourenzo, a cal comprende unhas 300 pezas teatrais reunidas en 7 volumes. 


Ligazón á noticia

Share
Tweet
Pin
Share
No comments

O Estudio Teatral CasaHamlet ten publicados unha serie de manuais de teatro centrados en aspectos didácticos como: historia, sensibilización corporal, voz ou dobraxe, entre outros. Esta labor foi posible grazas ao patrocinio da Diputación Provincial da Coruña. 

  1. Pensar co corpo (2000), de Manuel Lourenzo. 
  2. A voz do actor (2001), de Santiago Fernández.
  3. O ideario teatral das Irmandades da Fala (2002), de Cilha Lourenço e Carlos Biscainho. 
  4. Memoria da Esfinxe (2002), de Xesús Pisón. 
  5. Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor (2004), de Carlos Biscaínho. 
  6. Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006), de Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Mayor. 
  7. Na outra banda da ponte. Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire (2006), de Francisco Pillado Mayor.
  8. Contos Troianos (2007), de Gloria Rico, Isaac Ferreira e Manuel Lourenzo.
  9. Xosé María Álvarez Blázquez: Claro mencer do tempo (2008), de María Pilar García Negro. 
  10. Arredor da dobraxe: algunhas cuestións básicas (2009), de Xerardo Couto.
  11. Teatro Circo. Tres textos (2010), de Cilha Lourenço.
  12. Ferramentas para o diálogo teatral (2011), de Carlos Álvarez-Ossorio. 
Share
Tweet
Pin
Share
No comments
Older Posts

CasaHamlet


O Estudio Teatral CasaHamlet foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, converténdose rapidamente nun referente para a formación continuada de actores e actrices.


Séguenos

  • instagram
  • facebook

Novidades

Arquivo

  • marzo 2025 (1)
  • xaneiro 2025 (1)
  • outubro 2024 (2)
  • agosto 2024 (1)
  • xuño 2024 (2)
  • agosto 2023 (3)
  • maio 2023 (3)
  • abril 2023 (1)
  • febreiro 2023 (2)
  • xaneiro 2023 (6)

Created with by ThemeXpose | Distributed by Blogger Templates