• Inicio
  • Sobre nós
    • Historia
    • Manuais
    • Revista
  • Cursos de Teatro 24/25
  • Cursos de Verán 2025
  • Cursos de Dobraxe
  • Galería
  • Contacto
instagram facebook

Estudio Teatral CasaHamlet

Estudio Teatral dende 1998




Este Xoves 30 de Xaneiro ás 20h en Portas Ártabras, poderedes acompañarnos na presentación da obra "Baixo o bosque de leite", un clásico que explora os misterios, soños e voces dun pequeno pobo galés baixo a mirada de Dylan Thomas.

Nesta ocasión tan especial, presentaremos a tradución ao galego da obra e contaremos coa presenza de Xerardo Couto, artífice desta magnífica tradución, quen compartirá a súa experiencia e visión sobre este proxecto.

Ademais, gozaremos dunha lectura dramatizada dun fragmento da obra. As voces que darán vida a estes inesquecibles personaxes son: Xerardo Couto, Santiago Fernández, Luis Iglesia, Daniel Otero, David Vilares, Ana Sánchez, Diana López e Marta López.

LUGAR: Portas Ártabras (Rúa da Sinagoga, 22, baixo, 15001, A Coruña)
DATA: 30 de Xaneiro
HORA: 20:00h
Share
Tweet
Pin
Share
No comments


Aberto o prazo de inscrición para os cursos de Teatro que se realizarán este verán no Estudio Teatral Casahamlet. As prazas son limitadas.

> Teatro Nenos e Nenas:
    Idades: de 7 a 12 anos.
    Data: 19, 20, 21 e 22 de Agosto.
    Horario: de 10h a 12h.
    Cuota: 60€

> Teatro Adolescentes:
    Idades: de 13 a 17 anos.
    Data: 19, 20, 21 e 22 de Agosto.
    Horario: de 12h a 14h.
    Cuota: 60€

Máis información e reserva de prazas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com



Share
Tweet
Pin
Share
No comments

A pasada fin de semana puxemos punto e final ás representacións das obras deste curso 23/24. En total o Estudio Casahamlet levou a escena 4 montaxes teatrais.

O grupo de Adultos fixo diversas representacións da peza "Xente de pálida pel", inspirada en textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Manuel Lourenzo, William Shakespeare ou Federico García Lorca, entre outros. 

O grupo de Adolescentes levou a escena, na propia escola e no IES Rosalía Mera, a montaxe "Pim, pam, clown: A guerra dos pallasos".

Por outro lado, os grupos de Nenos e Nenas dos Xoves e Sábados representaron, respectivamente, as obras: "Pilleite, Carrapuchiña!" e "A historia xamais contada de Brancaneves e o Rei Artur".

Foron meses de moito traballo e moita ilusión que se viron recompensados coa gran acollida por parte do público.

O próximo curso máis e mellor! (se é posible, claro)



Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Últimas prazas para o curso de dobraxe no mes de Agosto. Máis información no 661062984 ou no email dani.otero1993@gmail.com  

Non quedes sen praza!  



Share
Tweet
Pin
Share
No comments
                                                                                       Na foto, os alumnos e alumnas de Iniciación á Dobraxe


A semana pasada remataron os cursos de dobraxe na escola. Foron meses de moito traballo e moitas alegrías, e xa estamos desexando comezar de novo despois do verán. 

Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Santiago Fernández foi entrevistado por La Voz de Galicia e, entre outros temas, fala da creación de CasaHamlet, do panorama cultural actual e do futuro desta escola. 

Aquí vos deixamos a ligazón á noticia completa: click aquí

Share
Tweet
Pin
Share
No comments

 

O mércores foi a estrea do espectáculo "Macedonias", representado polo grupo de adultos en Casahamlet e entre o público asistente contamos coa presenza de Manuel Lourenzo. Viva o TEATRO!

Aquí vos deixo as ligazóns para que poidades ler as palabras que nos adicaron La Opinión A Coruña e La Voz de Galicia.

Artigo La Opinión: click aquí

Artigo La Voz de Galicia: click aquí

Share
Tweet
Pin
Share
No comments



CasaHamlet presenta `Macedonias: unha teatral guerra´. O espectáculo está representado polo Grupo de Adultos da escola e dirixido por Santiago Fernández. 

Elenco: Rafael Enríquez, Diana López, Marcos F. Eimil, Marta López, José M. Rabuñal, Concha Pardo, Pedro Leiras, Marina Gómez, Laura López, Ana Sánchez, Anxo Saavedra, Beatriz Pardo, Marcos Romero, Ana Zapata, Fernando Castro, Elena Bao, Rosa Mª Reinoso, Elisa Lema e Chus Fernández. 

Calendario de actuacións: 

MAIO

  • 16 - Estudio Teatral CasaHamlet: 17:30h
  • 25 - Betanzos (Liceo): 20h 
  • 27 - Corcubión (Casa da Cultura): 20h
  • 30 - A Coruña (Circo de Artesáns): 20h
XUÑO
  • 2 - Miño (Casa da Cultura): 20h
  • 8 - Pontedeume (Casa da Cultura): 20h 

Share
Tweet
Pin
Share
No comments

O Estudio Teatral CasaHamlet está de aniversario: 25 anos. E que mellor maneira de celebralo que invitándovos a que asistades a unha das nosas aulas de Teatro ou Dobraxe. Se estades interesadxs, podedes enviar un correo a manueldosil@gmail.com ou chamar ao 627489879. Agardámosvos!


Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Share
Tweet
Pin
Share
No comments

CasaHamlet


O Estudio Teatral CasaHamlet foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, converténdose rapidamente nun referente para a formación continuada de actores e actrices.


Séguenos

  • instagram
  • facebook

Novidades

Arquivo

  • marzo 2025 (1)
  • xaneiro 2025 (1)
  • outubro 2024 (2)
  • agosto 2024 (1)
  • xuño 2024 (2)
  • agosto 2023 (3)
  • maio 2023 (3)
  • abril 2023 (1)
  • febreiro 2023 (2)
  • xaneiro 2023 (6)

Created with by ThemeXpose | Distributed by Blogger Templates