Revista CasaHamlet

by - xaneiro 20, 2023

CasaHamlet, grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, ten publicadas unha serie de revistas de teatro de carácter monográfico con abundante material teórico, dramatúrxico e documental. Un material que se caracteriza por ter unha temática ampla, variedade e rigor das colaboracións, e atención ao teatro galego e universal do momento. En palabras dos seus promotores:

Era preciso, ademais, disertar sobre as cuestións [...] relativas á situación do teatro, ao seu discurso, tanto social  como estético, ao seu obxectivo e funcionalidades. Abrir un foro de opinión, de participación, que teña en conta o tempo e o país que compartimos, e que se abra ás máis diversas experiencias oriundas doutros ámbitos humanos e culturais. Dar conta da experiencia propia, pois, e dialogar con outras formas e linguaxes. Unha revista de teatro podía ser o cauce dese río. (CASAHAMLET, 1999, p. 3)

Listado de exemplares:

  • 1999. Nº 1: "Especial Hamlet". 
  • 2000. Nº 2: "Teatro Galego na Coruña". 
  • 2001. Nº 3: "María Casares". 
  • 2002. Nº 4: "Dramaturgos".
  • 2003. Nº 5: "As paisaxes do drama". 
  • 2004. Nº 6: "Monólogos". 
  • 2005. Nº 7: "A cidade". 
  • 2006. Nº 8: "Teatro Histórico". 
  • 2007. Nº 9: "Amor".
  • 2008. Nº 10: "Teatro fantástico".
  • 2009. Nº 11: "O teatro de Xesús Pisón".
  • 2010. Nº 12: "Personaxes"
  • 2011. Nº 13: "Cunqueiro".
  • 2012. Nº 14: "Teatro e audiovisual". 
Director da revista: Francisco Pillado Mayor (1999-2007), Isaac Ferreira (2008- 2012)
Consello de redacción: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira (2003-2007), Xesús Pisón.
Deseño: Miguelanxo Varela

You May Also Like

0 comments