Presentación con lectura dramatizada en Portas Ártabras
Este Xoves 30 de Xaneiro ás 20h en Portas Ártabras, poderedes acompañarnos na presentación da obra "Baixo o bosque de leite", un clásico que explora os misterios, soños e voces dun pequeno pobo galés baixo a mirada de Dylan Thomas.
Nesta ocasión tan especial, presentaremos a tradución ao galego da obra e contaremos coa presenza de Xerardo Couto, artífice desta magnífica tradución, quen compartirá a súa experiencia e visión sobre este proxecto.
Ademais, gozaremos dunha lectura dramatizada dun fragmento da obra. As voces que darán vida a estes inesquecibles personaxes son: Xerardo Couto, Santiago Fernández, Luis Iglesia, Daniel Otero, David Vilares, Ana Sánchez, Diana López e Marta López.
LUGAR: Portas Ártabras (Rúa da Sinagoga, 22, baixo, 15001, A Coruña)
DATA: 30 de Xaneiro
HORA: 20:00h

0 comments