• Inicio
  • Sobre nós
    • Historia
    • Manuais
    • Revista
  • Cursos de Teatro 24/25
  • Cursos de Verán 2025
  • Cursos de Dobraxe
  • Galería
  • Contacto
instagram facebook

Estudio Teatral CasaHamlet

Estudio Teatral dende 1998


Gustaríache coñecer como son as clases en Casahamlet? Pois se tes entre 7 e 12 anos, o Xoves día 3 de Outubro de 18h a 20h poderás asistir, sen compromiso, a unha clase de proba para coñecer de primeira man a metodoloxía empregada na escola. 

As prazas son limitadas así que é imprescindible apuntarse previamente enviando un email a danielcasahamlet@gmail.com ou no teléfono 661062984.

Agardámosvos!




Share
Tweet
Pin
Share
No comments


Aberto o prazo de inscrición para os cursos de Teatro que se realizarán este verán no Estudio Teatral Casahamlet. As prazas son limitadas.

> Teatro Nenos e Nenas:
    Idades: de 7 a 12 anos.
    Data: 19, 20, 21 e 22 de Agosto.
    Horario: de 10h a 12h.
    Cuota: 60€

> Teatro Adolescentes:
    Idades: de 13 a 17 anos.
    Data: 19, 20, 21 e 22 de Agosto.
    Horario: de 12h a 14h.
    Cuota: 60€

Máis información e reserva de prazas: 661062984 | danielcasahamlet@gmail.com



Share
Tweet
Pin
Share
No comments

A pasada fin de semana puxemos punto e final ás representacións das obras deste curso 23/24. En total o Estudio Casahamlet levou a escena 4 montaxes teatrais.

O grupo de Adultos fixo diversas representacións da peza "Xente de pálida pel", inspirada en textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Manuel Lourenzo, William Shakespeare ou Federico García Lorca, entre outros. 

O grupo de Adolescentes levou a escena, na propia escola e no IES Rosalía Mera, a montaxe "Pim, pam, clown: A guerra dos pallasos".

Por outro lado, os grupos de Nenos e Nenas dos Xoves e Sábados representaron, respectivamente, as obras: "Pilleite, Carrapuchiña!" e "A historia xamais contada de Brancaneves e o Rei Artur".

Foron meses de moito traballo e moita ilusión que se viron recompensados coa gran acollida por parte do público.

O próximo curso máis e mellor! (se é posible, claro)



Share
Tweet
Pin
Share
No comments

Xa está aberto o prazo de inscrición para os diversos Cursos de Teatro 23/24. 

Este curso ofertamos 2 opcións para o Grupo de Nenxs (7 - 12 anos): 

  •     Grupo A: Xoves de 18h a 20h. 
  •     Grupo B: Sábados de 10h a 12h. 

O Grupo de Adolescentes (13 - 17 anos) será os Sábados de 12h a 14h.

O Grupo de Adultos será os Luns e os Martes de 19h a 21h. 

A información completa está dispoñible no apartado "Curso Regular" (Teatro ).

CLASES ABERTAS:  Consultar

NON QUEDES SEN PRAZA!

Share
Tweet
Pin
Share
No comments
Newer Posts
Older Posts

CasaHamlet


O Estudio Teatral CasaHamlet foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, converténdose rapidamente nun referente para a formación continuada de actores e actrices.


Séguenos

  • instagram
  • facebook

Novidades

Arquivo

  • marzo 2025 (1)
  • xaneiro 2025 (1)
  • outubro 2024 (2)
  • agosto 2024 (1)
  • xuño 2024 (2)
  • agosto 2023 (3)
  • maio 2023 (3)
  • abril 2023 (1)
  • febreiro 2023 (2)
  • xaneiro 2023 (6)

Created with by ThemeXpose | Distributed by Blogger Templates