CASAHAMLET


O Estudio Teatral CASAHAMLET foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, tomando como obxectivo a formación continuada de actores.

Todas as actividades do Estudio Teatral CASAHAMLET, que irán aparecendo na "Axenda" deste blog, son posíbeis grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña.

CURSOS: ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO

Alén disto, CASAHAMLET continuará a dirixir as ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO DE CULLEREDO E BETANZOS. Antonio López Rico, Santiago Fernández e Manuel Lourenzo impartirán as aulas.

Desde os seus comezos, o Estudio de Teatro ten atendido a demanda dos concellos no tocante á formación teatral, establecendo con algúns deles unha relación contractual para actividades didácticas aos fins de semana (aulas, representacións, intercambios con outros concellos etc.).

CURSOS: NENOS E ADOLESCENTES

Aos sábados haberá tamén dous CURSOS PARA NENOS E ADOLESCENTES, a cargo de Chus Álvarez e Gloria Rico.

O curso A, para cativos de 6 a 12 anos, terá lugar de 10 a 12 h; o curso B, para rapaces de 12 a 16 anos, de 12 a 14 h.
Nestes cursos traballaranse a Expresión oral e corporal, a Improvisación e a Interpretación e levarase a cabo a posta en escena dun espectáculo por curso.

CURSOS: ESTUDIO TEATRAL CASAHAMLET

O CURSO ACADÉMICO 2007-2008 organizarase en aulas de luns a xoves de 17 a 19 h. Impartiranse as seguintes materias: Sensibilización, Enerxías, Ritmo, Ortofonía, Dicción, Expresión Oral, Improvisación, Interpretación e Prácticas.

Por outra banda, celebraranse CURSOS ESPECIAIS de Danza, Comedia dell’Arte, Teoría teatral e Monólogos e prepararanse as probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

Neste ano académico os profesores serán Manuel Lourenzo, Santiago Fernández, Mª Inés Cuadrado e Carlos Álvarez-Ossorio.

ESPECTÁCULOS: COMPAÑÍA TEATRAL CASAHAMLET

CASAHAMLET mantén unha COMPAÑÍA TEATRAL de carácter profesional, cuxa área de actuación abranxe, até o de hoxe, Galiza, Portugal e Francia.

Entre os autores representados podemos destacar nomes como Chus Pato, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Manuel Lourenzo, William Shakespeare, Heiner Müller, Eduardo Pondal, Xesús Pisón…

1998. Plenilunio. O universo poético de Chus Pato, recital-concerto. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
1999. A doncela guerreira de Rafael Dieste. Dramaturxia e dirección: Casahamlet.
1999. A velada de Londres de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2000. A estrela e o vento de varios autores, recital concerto. Dirección: Santiago Fernández.
2000. Fillos do vento, a partir de textos de Castelao e Cunqueiro. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2000. Petit récital de poésie médiévale et romantique galicienne/Petit concert de musique traditionelle galicienne et brétonne de varios autores. Dirección: M. Lourenzo.
2000. Últimas faíscas de setembro de M. Lourenzo (Premio de Teatro “Rafael Dieste” da Deputación da Coruña, 1999). Dirección: M. Lourenzo.
2001. Hamlet e familia, a partir de textos de Cunqueiro, Shakespeare e Heiner Müller. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2002. Escuro enigma eu son, recital-concerto a partir de poemas de Eduardo Pondal. Dirección: M. Lourenzo.
2002. Animal vacío de X. Pisón. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2003. Liturxia de Tebas de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2003. Medea en Corinto de Luz Pozo Garza, lectura dramatizada. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2004. Primeiro foi o mar de varios autores, recital-concerto. Dirección: Santiago Fernández.
2004. Lionel. O malestar do benestar de M. Lourenzo. Dirección: Santiago Fernández.
2005. Da outra banda da ponte de F. Pillado Mayor sobre M. Lugrís Freire. Dirección: M. Lourenzo.

2006. Contos Troianos de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2007. Lobos de mentira de M. Lourenzo. Dirección: Paulo Serantes.

2008. Remoldiño vai á feira de M. Lourenzo, sobre o conto de Xoán R. Cuba. Dirección: Paulo Serantes.

2008. Quen pudera convosco voar de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2008. Claro mencer do tempo, a partir do libro Xosé María Álvarez Blázquez: unha vida entregada á cultura galega, de Mª Pilar García Negro. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2009. Ratiña linda de Manuel Lourenzo, a partir dun conto de Bernardino Graña. Dirección: Santiago Fernández.
2009. Nocturno Poe/O Cuarto de Ofelia de Edgar A. Poe e Xesús Pisón.

Alén dos espectáculos da Compañía, CASAHAMLET vén realizando desde o inicio da súa andaina unha serie de montaxes de carácter académico, cos alunos dos diferentes cursos.

ESPECTÁCULOS: ESTUDIO TEATRAL CASAHAMLET

2000. O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca de Cunqueiro, lectura dramatizada. Dirección: Santiago Fernández.
2000. A noite vai coma un río de Cunqueiro, lectura dramatizada. Dirección: M. Lourenzo.
2000. A pousadeira de Carlo Goldoni, lectura dramatizada. Dirección: Xavier Castiñeira.
2000. Orestíada, a partir de textos de Esquilo. Dramaturxia e dirección: Theodor Smeu Stermin.
2001. O circo da medianoite de M. Lourenzo, lectura dramatizada. Dirección: M. Lourenzo.
2001. O can, o libro e o espello. Misterio charentés de M. Lourenzo, X. Pisón e Miguel Anxo Fernán-Vello. Dirección: M. Lourenzo.
2002. Viva Peter Pan de X. Pisón, lectura pública. Dirección: Paulo Serantes.
2005. Por favor, abran as cortinas, a partir de textos de Cunqueiro, Sarah Kane e Thomas Bernhard. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo
2006. O cuarto do príncipe de varios autores. Dirección; M. Lourenzo e Santiago Fernández, coa colaboración de Paulo Serantes e Xabier Ramilo.
2006. Neve de papel, versión galega de Hanjo de Yukio Mishima. Dirección: M. Lourenzo
2007. Un anxo chamado luz, sobre textos de varios autores. Homenaxe ao profesor Xosé Anxo Fernández Roca. Dirección: M. Lourenzo.
2007. Feitizos de San Xoán de varios autores. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.

ESPECTÁCULOS: NENOS E ADOLESCENTES

1999. O soño das cidades de M. Lourenzo. Dirección: Cilha Lourenço e Santi Fernández.
2000. O xardín dos contos de M. Lourenzo e Pedro Rubín. Dirección: Cilha Lourenço e Santi Fernández.
2001. A benfadada historia do coitado Bamboliñas de Xulio González Lorenzo. Dirección: Cilha Lourenço e Santi Fernández.
2002.
O avión paranoico de M. Lourenzo. Dirección: Cilha Lourenço.
2002. O bosque máxico do xabarín de M. Lourenzo. Dirección: Santi Fernández.
2003. O xardín das pernas roubadas de Xoán Carlos Mexuto. Dirección: Xabier Ramilo.
2003. O segredo da illa Troneira de M. Lourenzo. Dirección: Santi Fernández.
2004. Sala de espera, unha adaptación do texto de Xosé Vázquez Pintor. Dirección: Chus Álvarez.
2005. Mamasiña, que medo de Chus Pereiro. Dirección: Chus Álvarez.
2005. Actores, a partir de textos de Osvaldo Dragún. Dirección: Gloria Rico.
2006. O aparello trocatempos de Euloxio R. Ruibal. Dirección: Chus Álvarez.
2006. Animaliños de Roberto Vidal Bolaño. Dirección: Gloria Rico.
2007. O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. Dirección: Gloria Rico.
2007. De viaxes e desexos de Chus Álvarez sobre textos de Euloxio R. Ruibal. Dirección: Chus Álvarez.

ESPECTÁCULOS: ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO

2004. A doncela guerreira de Rafael Dieste, coa EMT de Betanzos. Dirección: M. Lourenzo e Paulo Serantes.
2004. Amor, amigo, recital de poesía medieval,
coa EMT de Betanzos. Dirección: Santiago Fernández.
2005. A estación do vento, a partir de textos de Cunqueiro
, coa EMT de Culleredo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2005. Inverno de alcoviteiras de Gil Vicente, coa EMT de Betanzos. Dirección: Paulo Serantes.
2006. Unha fiestra aberta de varios autores, coa EMT de Miño. Dirección: Santiago Fernández.
2006. Lilí Cuartel de M. Lourenzo e outros, coa EMT de Culleredo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2006. Próxima estación, Cunqueiro, sobre contos de Cunqueiro, coa EMT de Betanzos. Dramaturxia e dirección: Paulo Serantes.
2007: Transilvania de M. Lourenzo, coa EMT de Culleredo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2007: Amor enfermo, a partir de textos de Joan Cavallé, coa EMT de Betanzos. Dirección: Paulo Serantes.

PUBLICACIÓNS: REVISTA

CASAHAMLET publica anualmente unha REVISTA DE TEATRO de carácter monográfico con abundante material teórico, dramatúrxico e documental.

1999. Nº 1: "Especial Hamlet".
2000. Nº 2: "Teatro Galego na Coruña".
2001. Nº 3: "María Casares".
2002. Nº 4: "As paisaxes do drama".
2003. Nº 5: "Monólogos".
2004. Nº 6: "Dramaturgos".
2005. Nº 7: "A cidade".
2006. Nº 8: "Teatro Histórico".

2007. Nº 9: "Amor".

2008. Nº 10: "Teatro fantástico".

FOROS TEATRAIS

No Estudio Teatral CASAHAMLET organízanse mensualmente os FOROS TEATRAIS (conferencias, mesas redondas, presentacións de libros e espectáculos etc.).
0
FOROS TEATRAIS (en construción)
0
2002
0
-1. O ideario teatral das Irmandades da Fala. Presentación do libro homónimo de Cilha Lourenço e Carlos Biscainho; participantes: os autores, M. Lourenzo e Xosé Manuel Sánchez Rei. Lectura dramatizada de No íntimo de Xacobe Casal, con Xabier Ramilo como actor e C. Biscainho como director.
-2. O teatro de Isaac Ferreira. Presentación de Sagrada Familia, Caderno de Teatro nº 11 (2ª época), a cargo de M. Lourenzo. Debate Escrita teatral e relevo xeracional con M. Lourenzo, X. Pisón, Santiago Fernández e I. Ferreira. Lectura de Soldado morto con reloxo, Sagrada Familia, A terraza, A avoa, Soldade de chumbo non quere seguir firme, O forno de Gretel e Os baños de Diana.
-3. Os inicios do teatro na Coruña. Conferencia de F. Pillado Mayor; presentación: M. Lourenzo. Debate con F. Pillado Mayor, Santiago Fernández e M. Lourenzo.
0
2003
0
-4. O Mariscal. Lectura dramatizada da peza de R. Cabanillas e A. Vilar Ponte; adaptación e dirección de Santiago Fernández; composición musical e execución de Brandam.
-5. Ancora Produccións. Presentación da reportaxe Footing de ANCORA PRODUCCIÓNS sobre a obra de Gustavo Pernas, coa participación do autor e de Ánxela G. Abalo; presentación: M. Lourenzo. Lectura dramatizada dunha escena de Fábula, de G. Pernas.
-6. Introdución ao estudo da interpretación. Conferencia de C. Biscainho, presentada por M. Lourenzo.
-7. A miña experiencia portuguesa. Conferencia de Pablo Rodríguez, presentada por M. Lourenzo.
-8. O teatro do presente e do futuro. Participantes: X. C. Mexuto, G. Pernas, X. Pisón; coordinación: Gloria Rico.
-9. Escuro enigma eu son. Recital-concerto da CT CASAHAMLET.
-10. Festas parateatrais galegas. Conferencia de Felipe Senén Arias, presentada por Santiago Fernández.
-11. As series galegas de televisión. Participantes: Xosé Coira, Chema Gagino e Xosé Cermeño; presentación: M. Lourenzo.
0
2004
0
-12. A miña experiencia teatral e televisiva. Conferencia de Tuto Vázquez, presentada por M. Lourenzo e Santiago Fernández.
-13. Liturxia de Tebas. Representación da CT CASAHAMLET; presentación: Santiago Fernández.
-14. Monoloxías. Monólogos na obra de Álvaro Cunqueiro. Representación de textos de P. Pavis e Cunqueiro por alumnos de CASAHAMLET; presentación e dirección: P. Serantes.
-15. Unha serie de televisión por dentro. Mesa redonda con Sandra Montes e Nunci Valcárcel, coa coordinación de M. Lourenzo.
-16. As traducións de Shakespeare ao galego. Conferencia de Miguel Pérez Romero, presentada por M. Lourenzo.
-17. María Castaña. Unha revolta popular. Lectura dramatizada da peza de Emilio Álvarez Giménez polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA CASAHAMLET; presentación e dirección: Manuel Lourenzo.
-18. Primeiro foi o mar. Recital-concerto da CT CASAHAMLET.
-19. Confesións dun practicante (teatro e televisión do punto de vista do escritor). Conferencia de Raúl Dans, presentada por M. Lourenzo.
0
2005
0
-20. A dobraxe galega. Conferencia de Xerardo Couto, presentada por Santiago Fernández.
-21. Galiza. Cinema e audiovisual. Conferencia de Miguel Castelo, presentada por M. Lourenzo.
-22. A música aplicada ao texto. Conferencia de Juan Durán, presentada por Miguel Anxo Fernán-Vello.
-23. A sentencia dourada. Lectura dramatizada do texto de Lord Dunsany en versión de Cunqueiro, polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA CASAHAMLET; dirección: Santiago Fernández.
-24. O meu teatro infantil. Conferencia de Heidi Kühn-Bode, presentada por M. Lourenzo. Lectura dramatizada de Os mundiños de H. Kühn-Bode, en dirección da autora, polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET.
-25. A escrita teatral en Portugal. Conferencia de Zé Paredes, presentada por M. Lourenzo.
-26. Lonxe. Recital-concerto sobre poemas de Lorenzo Varela, pola CT CASAHAMLET; dirección: M. Lourenzo.
-27. Presentación dos Cadernos de Teatro de Laiovento nº 1, 2 e 3 por F. Pillado Mayor; presentación do acto: M. Lourenzo; mesa redonda: F. Pillado Mayor, M. Lourenzo, Jacobo Paz e X. Pisón. Lecturas dramatizadas de Camiñar polo arame cunha lata de cervexa de M. Lourenzo, Elevador de Jacobo Paz, Cóxegas de X. Pisón e O cuarto de Ofelia de M. Lourenzo; dirección: M. Lourenzo.
0
2006
0
-28. O glaciar. Lectura dramatizada do texto de Lourenzo, en dirección do autor, pola CT CASAHAMLET; introdución: Henrique Rabuñal.
-29. O teatro e o audiovisual. O papel do actor. Coloquio con Fernando Morán, presentado por Santiago Fernández.
-30. Da outra banda da ponte. Lectura dramatizada do texto de F. Pillado Mayor, pola CT CASAHAMLET.
-31. Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro. Presentación do Manual a cargo de M. Lourenzo e F. Pillado Mayor. Lectura, por parte de Santiago Fernández e alumnos do Estudio, de Xan, o bon conspirador, Romeo e Xulieta, famosos namorados, dúas escenas de A perdiz que fala, Palabras de víspera e un poema inédito.
-32. Edipo de Manuel María. Lectura dramatizada polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; introdución de Henrique Rabuñal , presentación de M. Lourenzo e Santiago Fernández e dirección de Santiago Fernández.
-33. Eclipses. Presentación do libro de M. Lourenzo; mesa redonda: Santiago Fernández, Miguel Martín, F. Pillado Mayor, C. Biscainho, M. Lourenzo, Diana Sieira, Xabier Ramilo. Lectura de escenas do libro.
-34. Palabras de víspera. Lectura dramatizada do texto de Cunqueiro polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; introdución de H. Rabuñal e presentación e dirección de M. Lourenzo.
-35. A fonte do bidueiro de Isaac Ferreira. Presentación do Caderno de Teatro Laiovento nº 4 a cargo de F. Pillado Mayor. Lectura dramatizada de A fonte do bidueiro e A flor polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; presentación de Pablo Rodríguez e dirección de M. Lourenzo, coa intervención de Isaac Ferreira.

2007

-36. Teatro e adolescentes. Conferencia de Antón Lamapereira López, presentada por M. Lourenzo.
-37. Monólogos, soliloquios e unipersoais. Conferencia de Carlos Álvarez Ossorio, presentada por M. Lourenzo.
-38. O teatro en Laiovento. Conferencia de F. Pillado Mayor, presentada por X. Pisón.
-39. A Pinguela.Teatro Escolar para ler e representar. Conferencia de Xosé Luna, presentada por Santiago Fernández.
-40. O ritmo no teatro. Conferencia de Afonso Becerra de Becerreá, presentada por M. Lourenzo.
-41. As marxes no teatro. Mesa redonda coa participación de Gloria Rico, Vicente Montoto e Xesús Pisón.
-42. A boneca de trapo. Presentación da obra de Xoán Carlos Mexuto, interpretada e dirixida polo autor.
-43. Presentación da Revista Casahamlet nº 9 e o Manual "Contos Troianos". Mesa redonda coa participación de Gloria Rico, Isaac Ferreira e Manuel Lourenzo.
-44. Presentación do libro Eléctricas de Manuel Lourenzo. Mesa redonda coa presenza do autor e do dramaturgo Rubén Ruibal. Lectura dramatizada da peza, dirixida por Santiago Fernández. Sinatura de exemplares.
0
2008
0
-Nova dramaturxia. Presentación dos autores Antonio López Rico e Xosé Manuel García. Lecturas dramatizadas e coloquio.

PUBLICACIÓNS: MANUAIS

CASAHAMLET publica anualmente un MANUAL DE TEATRO centrado en aspectos didácticos (historia, formación, teatral, pensamento…).

2000. Pensar co corpo de M. Lourenzo.
2001. A voz do actor de Santiago Fernández.
2002. O ideario teatral das Irmandades da Fala de Cilha Lourenço e Carlos Biscainho.
2002. Memoria da Esfinxe de X. Pisón.
2004. Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor de Carlos Biscainho.
2006. Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro de M. Lourenzo e F. Pillado Mayor.
2007. Na outra banda da ponte. Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire de F. Pillado Mayor.
2007. Contos Troianos de Gloria Rico, Isaac Ferreira e M. Lourenzo.

AULAS ABERTAS

No Estudio Teatral CASAHAMLET organízanse cada trimestre as AULAS ABERTAS, mostras públicas dos traballos realizados polos alumnos durante o curso.
0
AULAS ABERTAS (en construción).

AXENDA

XANEIRO

Xoves 28, ás 20.30 h. Foro Teatral NO DESMAIO DO TEU BICO, recital de poesía clásica galega, na voz de Santiago Fernández, con acompañamento musical de Manu Clavijo.

PROGRAMA 2009-2010

1. CURSOS

1.1. Académico

De luns a xoves, de 19,00 a 21,00 h.
Materias: expresión corporal e oral, improvisación, interpretación, prácticas.
Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática.
Profesores: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Silvana Couñago, Carlos Álvarez-Ossorio, Quico Cadaval.

1.2. Infantil e Xuvenil

Grupo A (6 a 12 anos): Sábados, de 10,00 a 12,00 h.
Grupo B (12 a 16 anos): Sábados, de 12,00 a 14,00 h.
Materias: expresión corporal e oral, improvisación, interpretación, posta en escena dun espectáculo.
Profesoras: Chus Álvarez (Grupo A), Gloria Rico (Grupo B).


2. SEMINARIO DE TEATRO PARA MONITORES

Profesores: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Carlos Álvarez-Ossorio

3. ACTOS PÚBLICOS

AULAS ABERTAS. Mostras de traballos realizados polos alumnos ao longo do curso.
FOROS TEATRAIS. De periodicidade mensual: conferencias, mesas redondas, lecturas dramatizadas, presentacións de libros, espectáculos, etc.

4. PUBLICACIÓNS

Revista Casahamlet, nº 12: PERSONAXES.
Manual de Teatro, nº 11: TEXTOS INÉDITOS DE TEATRO CIRCO.


5. ESPECTÁCULOS

AS FORMIGAS, de M. Lourenzo/Jacobo Fernández.
FIDALGO, de R. Otero Pedrayo.

Continúan en programación:

LIONEL, de M. Lourenzo.
ESCURO ENIGMA EU SON, de E. Pondal.
QUEN PUDERA CONVOSCO VOAR, de M. Curros Enríquez.
NOCTURNO POE, de E. Allan Poe/Xesús Pisón.
RATIÑA LINDA, de M. Lourenzo/Bernardino Graña.
REMOLDIÑO VAI Á FEIRA, de M.L./Xoán R. Cuba.

Director da revista: Isaac Ferreira
Deseño: Miguelanxo Varela
Arquivo e documentación: Isaac Ferreira
Xestión: Montserrat Modia

Dirección do Estudio: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo