Cursos de Teatro 2023-2024

by - agosto 20, 2023

A duración dos cursos é de Outubro a Xuño. Ofertamos tres modalidades: Nenxs, Adolescentes e Adultos. 

  • Teatro para Nenxs

A través do xogo potenciaremos a nosa creatividade, fomentaremos a expresión corporal e a participación creativa co grupo, fortaleceremos a relaxación e a concentración, traballaremos a improvisación e a interpretación. Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral. 
       
        Grupo A: Xoves de 18:00h a 20:00h 
        Grupo B: Sábados de 10h a 12h
        Idades: de 7 a 12 anos
        Cuota: 60€/mes
        Docente: Daniel Otero
          Máis info.: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

  • Teatro para Adolescentes

Este curso está dirixido a todos os rapaces e rapazas que estean interesados en indagar nas ferramentas fundamentais do camiño do actor. A atención a cada alumno será personalizada, atendendo aos obxectivos de cada un deles.  Traballaremos: sensibilización corporal, atención e imaxinación; técnica vocal; improvisación e interpretación. Non é necesario ter experiencia previa. Ao finalizar o curso levaremos a escena unha montaxe teatral. 

        HorarioSábados de 12h a 14h 
        Idades: de 13 a 17 anos
        Cuota: 60€/mes
        Docente: Daniel Otero
          Máis info.: 661 06 29 84 | danielcasahamlet@gmail.com

  • Teatro para Adultos

Neste curso traballaremos a Expresión Oral, Ortofonía, Dicción, Verso, Ritmo, Expresión Corporal e Interpretación. Ao finalizar o curso organizaranse as Aulas Abertas nas que se mostrará ao público os traballos realizados durante o ano, ademais de diversas representacións fóra do Estudio. 

        HorarioLuns e Martes de 19h a 21h 
        Docente: Santiago Fernández
        Máis info.: 627 48 98 79 | manueldosil@gmail.com 









You May Also Like

0 comments