ESPECTÁCULOS: COMPAÑÍA TEATRAL CASAHAMLET

CASAHAMLET mantén unha COMPAÑÍA TEATRAL de carácter profesional, cuxa área de actuación abranxe, até o de hoxe, Galiza, España, Portugal e Francia.
Entre os autores representados podemos destacar nomes como Chus Pato, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Manuel Lourenzo, William Shakespeare, Heiner Müller, Eduardo Pondal, Xesús Pisón…
1998. Plenilunio. O universo poético de Chus Pato, recital-concerto. Dirección: Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
1999. A doncela guerreira de Rafael Dieste. Dramaturxia e dirección: Casahamlet.
1999. A velada de Londres de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2000. A estrela e o vento de varios autores, recital concerto. Dirección: Santiago Fernández.
2000. Fillos do vento, a partir de textos de Castelao e Cunqueiro. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2000. Petit récital de poésie médiévale et romantique galicienne/Petit concert de musique traditionelle galicienne et brétonne de varios autores. Dirección: M. Lourenzo.
2000. Últimas faíscas de setembro de M. Lourenzo (Premio de Teatro “Rafael Dieste” da Deputación da Coruña, 1999). Dirección: M. Lourenzo.
2001. Hamlet e familia, a partir de textos de Cunqueiro, Shakespeare e Heiner Müller. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2002. Escuro enigma eu son, recital-concerto a partir de poemas de Eduardo Pondal. Dirección: M. Lourenzo.
2002. Animal vacío de X. Pisón. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2003. Liturxia de Tebas de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2003. Medea en Corinto de Luz Pozo Garza, lectura dramatizada. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2004. Primeiro foi o mar de varios autores, recital-concerto. Dirección: Santiago Fernández.
2004. Lionel. O malestar do benestar de M. Lourenzo. Dirección: Santiago Fernández.

2005. Lonxe versos galegos de Lorenzo Varela, recital-concerto. Dirección: M. Lourenzo.
2006. O cuarto do Príncipe de varios autores. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2006. Da outra banda da ponte de F. Pillado Mayor sobre M. Lugrís Freire. Dirección: M. Lourenzo.
2006. Contos Troianos de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2007. Lobos de mentira de M. Lourenzo. Dirección: Paulo Serantes.

2007. Un anxo chamado luz sobre textos de varios autores. Homenaxe a Xosé Anxo Fernández Roca. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.

2008. Remoldiño vai á feira de M. Lourenzo, sobre o conto de Xoán R. Cuba. Dirección: Paulo Serantes.
2008. Quen pudera convosco voar, a partir de poemas de Manuel Curros Enríquez. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2008. Claro mencer do tempo, a partir do libro Xosé María Álvarez Blázquez: unha vida entregada á cultura galega, de Mª Pilar García Negro. Recital-concerto. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2009. Darwin: Encontro na Domus de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2009. Ratiña linda de M. Lourenzo, a partir dun conto de Bernardino Graña. Dirección: Santiago Fernández.
2009. Nocturno Poe/O Cuarto de Ofelia de Edgar A. Poe e Xesús Pisón.
Dirección: Santiago Fernández, M. Lourenzo.
2009. Darwin: Encontro no xardín de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2010. As formigas de M. Lourenzo, inspirada nun conto de Jacobo Fernández Serrano. Dirección: Santiago Fernández.
2010. Ao raso coas lebres, recital-concerto a partir de poemas de Rosalía de Castro. Dirección: M. Lourenzo.
2010. Poemas de Luís Seoane, escolma-recital. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2011. Fidalgo textos de R. Otero Pedrayo. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2011. Se non queres casar, o mesmo dá. Teatro e poesía de Álvaro Cunqueiro. Dirección: M. Lourenzo.



Alén dos espectáculos da Compañía, CASAHAMLET vén realizando desde o inicio da súa andaina unha serie de montaxes de carácter académico, cos alunmos dos diferentes cursos (Estudio Casahamlet).