CURSOS: NENOS E ADOLESCENTES

Aos sábados haberá tamén dous CURSOS PARA NENOS E ADOLESCENTES, a cargo de Chus Álvarez e Gloria Rico.

O curso A, para cativos de 6 a 12 anos, terá lugar de 10 a 12 h; o curso B, para rapaces de 12 a 16 anos, de 12 a 14 h.
Nestes cursos traballaranse a Expresión oral e corporal, a Improvisación e a Interpretación e levarase a cabo a posta en escena dun espectáculo por curso.