CURSOS: ESTUDIO TEATRAL CASAHAMLET

O CURSO ACADÉMICO 2007-2008 organizarase en aulas de luns a xoves de 17 a 19 h. Impartiranse as seguintes materias: Sensibilización, Enerxías, Ritmo, Ortofonía, Dicción, Expresión Oral, Improvisación, Interpretación e Prácticas.

Por outra banda, celebraranse CURSOS ESPECIAIS de Danza, Comedia dell’Arte, Teoría teatral e Monólogos e prepararanse as probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

Neste ano académico os profesores serán Manuel Lourenzo, Santiago Fernández, Mª Inés Cuadrado e Carlos Álvarez-Ossorio.