FOROS TEATRAIS

No Estudio Teatral CASAHAMLET organízanse mensualmente os FOROS TEATRAIS (conferencias, mesas redondas, presentacións de libros e espectáculos etc.).
0
FOROS TEATRAIS (en construción)
0
2002
0
-1. O ideario teatral das Irmandades da Fala. Presentación do libro homónimo de Cilha Lourenço e Carlos Biscainho; participantes: os autores, M. Lourenzo e Xosé Manuel Sánchez Rei. Lectura dramatizada de No íntimo de Xacobe Casal, con Xabier Ramilo como actor e C. Biscainho como director.
-2. O teatro de Isaac Ferreira. Presentación de Sagrada Familia, Caderno de Teatro nº 11 (2ª época), a cargo de M. Lourenzo. Debate Escrita teatral e relevo xeracional con M. Lourenzo, X. Pisón, Santiago Fernández e I. Ferreira. Lectura de Soldado morto con reloxo, Sagrada Familia, A terraza, A avoa, Soldade de chumbo non quere seguir firme, O forno de Gretel e Os baños de Diana.
-3. Os inicios do teatro na Coruña. Conferencia de F. Pillado Mayor; presentación: M. Lourenzo. Debate con F. Pillado Mayor, Santiago Fernández e M. Lourenzo.
0
2003
0
-4. O Mariscal. Lectura dramatizada da peza de R. Cabanillas e A. Vilar Ponte; adaptación e dirección de Santiago Fernández; composición musical e execución de Brandam.
-5. Ancora Produccións. Presentación da reportaxe Footing de ANCORA PRODUCCIÓNS sobre a obra de Gustavo Pernas, coa participación do autor e de Ánxela G. Abalo; presentación: M. Lourenzo. Lectura dramatizada dunha escena de Fábula, de G. Pernas.
-6. Introdución ao estudo da interpretación. Conferencia de C. Biscainho, presentada por M. Lourenzo.
-7. A miña experiencia portuguesa. Conferencia de Pablo Rodríguez, presentada por M. Lourenzo.
-8. O teatro do presente e do futuro. Participantes: X. C. Mexuto, G. Pernas, X. Pisón; coordinación: Gloria Rico.
-9. Escuro enigma eu son. Recital-concerto da CT CASAHAMLET.
-10. Festas parateatrais galegas. Conferencia de Felipe Senén Arias, presentada por Santiago Fernández.
-11. As series galegas de televisión. Participantes: Xosé Coira, Chema Gagino e Xosé Cermeño; presentación: M. Lourenzo.
0
2004
0
-12. A miña experiencia teatral e televisiva. Conferencia de Tuto Vázquez, presentada por M. Lourenzo e Santiago Fernández.
-13. Liturxia de Tebas. Representación da CT CASAHAMLET; presentación: Santiago Fernández.
-14. Monoloxías. Monólogos na obra de Álvaro Cunqueiro. Representación de textos de P. Pavis e Cunqueiro por alumnos de CASAHAMLET; presentación e dirección: P. Serantes.
-15. Unha serie de televisión por dentro. Mesa redonda con Sandra Montes e Nunci Valcárcel, coa coordinación de M. Lourenzo.
-16. As traducións de Shakespeare ao galego. Conferencia de Miguel Pérez Romero, presentada por M. Lourenzo.
-17. María Castaña. Unha revolta popular. Lectura dramatizada da peza de Emilio Álvarez Giménez polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA CASAHAMLET; presentación e dirección: Manuel Lourenzo.
-18. Primeiro foi o mar. Recital-concerto da CT CASAHAMLET.
-19. Confesións dun practicante (teatro e televisión do punto de vista do escritor). Conferencia de Raúl Dans, presentada por M. Lourenzo.
0
2005
0
-20. A dobraxe galega. Conferencia de Xerardo Couto, presentada por Santiago Fernández.
-21. Galiza. Cinema e audiovisual. Conferencia de Miguel Castelo, presentada por M. Lourenzo.
-22. A música aplicada ao texto. Conferencia de Juan Durán, presentada por Miguel Anxo Fernán-Vello.
-23. A sentencia dourada. Lectura dramatizada do texto de Lord Dunsany en versión de Cunqueiro, polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA CASAHAMLET; dirección: Santiago Fernández.
-24. O meu teatro infantil. Conferencia de Heidi Kühn-Bode, presentada por M. Lourenzo. Lectura dramatizada de Os mundiños de H. Kühn-Bode, en dirección da autora, polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET.
-25. A escrita teatral en Portugal. Conferencia de Zé Paredes, presentada por M. Lourenzo.
-26. Lonxe. Recital-concerto sobre poemas de Lorenzo Varela, pola CT CASAHAMLET; dirección: M. Lourenzo.
-27. Presentación dos Cadernos de Teatro de Laiovento nº 1, 2 e 3 por F. Pillado Mayor; presentación do acto: M. Lourenzo; mesa redonda: F. Pillado Mayor, M. Lourenzo, Jacobo Paz e X. Pisón. Lecturas dramatizadas de Camiñar polo arame cunha lata de cervexa de M. Lourenzo, Elevador de Jacobo Paz, Cóxegas de X. Pisón e O cuarto de Ofelia de M. Lourenzo; dirección: M. Lourenzo.
0
2006
0
-28. O glaciar. Lectura dramatizada do texto de Lourenzo, en dirección do autor, pola CT CASAHAMLET; introdución: Henrique Rabuñal.
-29. O teatro e o audiovisual. O papel do actor. Coloquio con Fernando Morán, presentado por Santiago Fernández.
-30. Da outra banda da ponte. Lectura dramatizada do texto de F. Pillado Mayor, pola CT CASAHAMLET.
-31. Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro. Presentación do Manual a cargo de M. Lourenzo e F. Pillado Mayor. Lectura, por parte de Santiago Fernández e alumnos do Estudio, de Xan, o bon conspirador, Romeo e Xulieta, famosos namorados, dúas escenas de A perdiz que fala, Palabras de víspera e un poema inédito.
-32. Edipo de Manuel María. Lectura dramatizada polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; introdución de Henrique Rabuñal , presentación de M. Lourenzo e Santiago Fernández e dirección de Santiago Fernández.
-33. Eclipses. Presentación do libro de M. Lourenzo; mesa redonda: Santiago Fernández, Miguel Martín, F. Pillado Mayor, C. Biscainho, M. Lourenzo, Diana Sieira, Xabier Ramilo. Lectura de escenas do libro.
-34. Palabras de víspera. Lectura dramatizada do texto de Cunqueiro polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; introdución de H. Rabuñal e presentación e dirección de M. Lourenzo.
-35. A fonte do bidueiro de Isaac Ferreira. Presentación do Caderno de Teatro Laiovento nº 4 a cargo de F. Pillado Mayor. Lectura dramatizada de A fonte do bidueiro e A flor polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; presentación de Pablo Rodríguez e dirección de M. Lourenzo, coa intervención de Isaac Ferreira.

2007

-36. Teatro e adolescentes. Conferencia de Antón Lamapereira López, presentada por M. Lourenzo.
-37. Monólogos, soliloquios e unipersoais. Conferencia de Carlos Álvarez Ossorio, presentada por M. Lourenzo.
-38. O teatro en Laiovento. Conferencia de F. Pillado Mayor, presentada por X. Pisón.
-39. A Pinguela.Teatro Escolar para ler e representar. Conferencia de Xosé Luna, presentada por Santiago Fernández.
-40. O ritmo no teatro. Conferencia de Afonso Becerra de Becerreá, presentada por M. Lourenzo.
-41. As marxes no teatro. Mesa redonda coa participación de Gloria Rico, Vicente Montoto e Xesús Pisón.
-42. A boneca de trapo. Presentación da obra de Xoán Carlos Mexuto, interpretada e dirixida polo autor.
-43. Presentación da Revista Casahamlet nº 9 e o Manual "Contos Troianos". Mesa redonda coa participación de Gloria Rico, Isaac Ferreira e Manuel Lourenzo.
-44. Presentación do libro Eléctricas de Manuel Lourenzo. Mesa redonda coa presenza do autor e do dramaturgo Rubén Ruibal. Lectura dramatizada da peza, dirixida por Santiago Fernández. Sinatura de exemplares.
0
2008
0
-Nova dramaturxia. Presentación dos autores Antonio López Rico e Xosé Manuel García. Lecturas dramatizadas e coloquio.